Ano 2016 |Ano 2015 | Ano 2014 | Ano 2013 |

Ano 2012

 

-Campañas e actividades ano 2015-

I Pasarela Monforte & Glamour

10-Oct-15

O sábado 10 de octubre celebrouse unha espectacular pasarela de moda en Monforte, levada a cabo polo CCU. A talla dos modelos que luciron a roupa dos comercios asssociados o CCU, era de caracter nacional e internacional. Esta pasarela tivo a colaboración de diferentes bloguers de moda, así como a estreita axuda de Cristina de Andrés, así como Lucía Pérez, Adriano López, Oscar Novo, a presentadora Humy Donado e como padriño de Pasarela Marcos Carrera.

Ver galería fotográfica

II Noite Blanca

22-Ago-15

O sábado 22 de agosto regresou a Monforte a "Noite Branca" do CCU, sendo un ano máis unha noite moi especial. A maioría dos establecementos asociados engalanáronse para abrir as súas portas en horario nocturno e obsequiar os seus clientes con grandes descontos e un avance da nova tempada.

O branco inundou as principais zonas comerciais da cidade mentres a música de varios Dj animaba unhas rúas onde o...Ver completo

Ver galería fotográfica

II Fashion Night

8-Ago-15

O pasado sábado 8 de agosto de 2015 os comercios de Monforte vestiron as súas mellores galas para celebrar a festa da FASHION NIGHT.

Trátase dunha festa que xa se fixera o ano pasado e que a poboación acolleu moi ben, por iso este ano se volveu a repetir. É unha festa nocturna, na que as tendas abrían as súas portas ata a madrugada. Os establecementos do CCU engalanáronse, adornando os escaparates e a tenda, así como obsequiaron aos seus clientes con descontos importantes e ofertas, ademais de mesas doces, aperitivos e bebidas.. Ver completo

Ver galería fotográfica

I Festa da Auga

18-Xull-15

O sábado 18 de xullo de 2015 tivo lugar a I FESTA DA AUGA DO CCU MONFORTE, na Praza de España.

As actividades que se levaron a cabo foron adicadas aos máis pequenos da casa, para que pasaran un anaco divertido e agradable e así os papás puideran dar unha volta polos establecementos de Monforte. Tiveron un inchable de auga, onde se atreveron a mollarse e a mollarnos os que por alí nos atopábamos, e logo a festa da espuma, que gustou tanto a nenos como a maiores. Foi un día no que as nubes apareceron pero a temperatura era agradable e animaba a saír a rúa e disfrutar. Aquí vemos alguna instantánea do día.

I Festa Pirata

20-Xun-15

O pasado 20 de xuño de 2015 levouse a cabo a I festa PIRATA do CCU.

Pola tarde para divertir a grandes e pequenos contamos coa exhibición de trial e biketrial da man de JORGE CASALES e JAVI ALONSO. Tratouse dunha gincana de obstáculos que deberían de saltar e controlar coa bici ou moto. Foi unha tarde entretida con sorpresas e chea de emoción. Queremos agradecer as empresas que fixeron isto posible como son DESGUACE MONFORTE, DIELECTRO, PNEUMÁTICOS NOVOA, MADERAS CASTRO e PIENSOS SENRA. Ver completo

Ver galería fotográfica --- Cuña Onda Cero --- Cuña Cadena Ser

I Festa do Comercio e Xuventude

09-Mai-15

O pasado sábado 9 de maio de 2015 fomos testigos da I FESTA DO COMERCIO en Monforte de Lemos con multitude de actividades e eventos. Foi un día cheo de sorpresas.

Inchables GRATIS nas rúas comerciais da vila, Cardeal, en horario comercial de 11 a 13 e de 18:30 a 20:30.

E a festa continuou pola noite… con pancetada a partir das 21 horas e a continuación a actuación da orquestra OLYMPUS e djs da vila. Ver completo

Ver galería fotográfica

O CCU vai o Cole

1-Mai-15 ata 8-Mai-15

Dende a directiva do CCU cremos na importancia dos nosos xoves e por iso fomos a alentalos, darlle ánimos e as grazas por confiar en nós. Visitamos a tódolos colexios e institutos da vila, primeiro para dar a a coñecer o CCU e explicarlle quen somos e que facemos e tamén para saber as súas dúbidas, suxestións e inquedanzas.

Fixémolos partícipes da importancia do pequeno comercio, de consumir na nosa vila. Foi unha campaña moi bonita da que aprendemos moito, dos nosos puntos débiles e fortes e tamén para os rapaces que saíron concienciados da importancia de consumir en Monforte. Ver completo

Ver galería fotográfica

Día da Nai

27-Abr-15 o 02-Mai-15

O CCU púxose como reto nesta data, incentivar e revitalizar as compras aproveitando esta festa do Día da Nai. Invitando aos Monfortinos a realizar as súas compras nos establecementos do pequeno comercio de Monforte. Como agradecemento por confiar nas tendas da cidade sorteamos dous vales de compra en floristería. Como viñemos facendo coas dúas últimas campañas, gardáronse os tickets de compra de calquera establecemento asociado ao CCU da semana do 27 de abril ao 2 de maio, para posteriormente facer o sorteo na rúa Cardenal. Desta volta os vales de compra de 50€ eran para floristería, FLOR E FAUNA e AGROMOREDA, canxeables ata o día 3 de maio. Para agasallar no día Nai e agradecerlle todo o que fan por nós.

 

Día do Pai

16-Mar-15 o 19-Mar-15

Dende o CCU puxemos en marcha unha campaña para incentivar as compras no pequeno comercio da cidade con motivo da celebración do día do Pai, o pasado 19 de marzo. Como na campaña anterior organizamos un sorteo, recollendo os tickets de compra dos establecementos asociados ao CCU da semana do 16 ao 19 de marzo, para posteriormente depositalos nunha urna na rúa Cardenal o 19 de marzo. Desta volta os agasallos eran vales de compra de 50€ para canxear en droguería e xoiería. Concretamente XOIERÍA CAMILO e DROGUERÍA BICOS, tiñan de prazo para canxealos ata o 21 de marzo.

 

Día dos namorados

07-Feb-15 o 14-Feb-15

Para promocionar este ano a data de San Valentín e animar as compras, fixemos un sorteo. Consistiu en gardar os tickets de compra de calquera establecemento asociado ao CCU da semana do 7 ao 13 de febreiro, para posteriormente poñelos nunha urna situada na rúa Cardenal o 13 de febreiro. Houbo establecementos que puxeron a súa propia urna para comodidade dos clientes e así non se esqueceran de achegar o su ticket. O sorteo non era presencial, polo que dende o CCU chamamos as persoas agasalladas para informarlle do premio obtido, este consistía en vales de compra en xoiería e floristería. Concretamente vales de 50€ de compra para canxear en CATE FLORISTAS, FLORISTERÍA ANA e XOIERÍA CAMILO. As persoas agasalladas podían facer uso do seu vale só o día 14 febreiro.

 

As rebaixas do CCU molan máis

07-Xan-15

Para empezar o ano con enerxía, optimismo e facer máis levadeira a costa de xaneiro levamos a cabo a campaña para promocionar as rebaixas en Monforte, facendo actividades que incentivaran a saír a rúa e mercar. Centrámonos nos máis pequenos, xa que se os nenos están entretidos os pais teñen algún momento para acercarse a comprar. Para promocionar as rebaixas o día 7 de xaneiro, día inda sen cole, fixemos a gran festa infantil na rúa, con inchables, toro mecánico, futbolín humnao, bascket e persoaxes infantiles da tele que entretiveron e fixeron as delicias dos máis peques polas rúas de Monforte. Démoslle un toque de color e diversión a un día gris de xaneiro. Ver completo