Ano 2016 | Ano 2015 | Ano 2014 | Ano 2013 |

Ano 2012

 

-Campañas e actividades ano 2014-

Artesania có CCU

20-Sep-14

O pasado día 20 de setembro o   CCU   en cooperación cá asociación de artesáns da nosa cidade organizou unha feira de artesania na que o comercio de antaño artesan se mesturaba có comercio local. A iniciativa foi apoiada polo tempo que propicio a visita de moitos veciños e turistas. Ver completo

Ver galería fotográfica

Noite Blanca

30-Ago-14

O pasado 30 de agosto o CCU despedía o verán cá Noite Branca, unha actividade que cumpriu de sobra todas as súas expectativas. As zonas máis comerciais da cidade abrían as súas portas en horario nocturno para obsequiar os seus clientes con grandes descontos, e un avance da nova tempada, que xa asoma. Todos os comerciantes e hostaleiros vestían acorde coa temática ibicenca animando así moito máis o ambiente. As copas de champan, a cervexa e os mojitos acompañaban ás deliciosas recepcións doce e salgadas cos que agasallaban os comerciantes óa compradores e amigos. O ambiente na rúa era amenizado por música procedente de cinco Dj que se situaron en diferentes zonas para alegrar a noite. Ver completo

Ver galería fotográfica

Fashion Night

9-Ago-14

O pasado sábado nove de agosto o CCU celebrabou a sua I Fashion Night, despois de varios días de choiva o ceo abríase para ofrecer unha noite de verán espectacular chea de luz e glamour. A festa comezaba ás 9 da noite, e practicamente todos os socios abriron os seus negocios decorados a todo luxo e ofrecendo aos seus clientes delicatesen varias como doces, cocteles, bebidas... segúndo ian pasando as horas o ambiente foi crecendo e engordando como unha gran bóla de xentío, por todas as rúas non só polas principais que a organización tiña marcadas (Cardeal, Hortas, Comercio, Dr. Teijeiro, Hermida Balado , Avda. Galicia..), senón tamén polas paralelas e rúas lindantes. Os dj situados en zonas estratéxicas, enriquecían o oído dos transeúntes e tamén os máis lanzados se atrevían cun baile. Ver completo

Ver galería fotográfica

Sinalización comercial dos asociados

01-Xul-14

Entendemos que o comercio de Monforte debe continuar no obxectivo do asentamento dunha imaxe e de establecemento da marca, a marca CCU, unha marca que sexa valorada positivamente tanto polo comerciante como polo cliente final, que debe identificala de inmediato e valorala positivamente.

Para elo quixemos identificar a cada un dos establecementos asociados dunha forma sinxela e visible de cara ao exterior, polo que se repartiron bonecos da mascota do CCU para instalar nos escaparates ou portas dos comerciantes asociados .

Ver galería fotográfica

Choven cartos en Monforte

Do 01-Xan-14 ó 30-Xun-14

O pequeno comercio, sufre cada fin de semana o éxodo dos seus clientes cara as grandes superficies. Cada vez mais os fines de semana, os comerciantes senten baixar as súas vendas, e por eso se creou a campaña, "Choven cartos en Monforte". O nome da campaña veu facer eco da gran nova que aconteceu en Monforte de Lemos, co gallo do premio gordo da Lotería do Neno, do 6 de Xaneiro. A choiva de cartos que caeu en Monforte, tíñase que ver refrexada en compras nos comercios e hostalería da cidade.. Ver completo

Día da nai

3-Mai-14

Con motivo do día da nai o CCU organizou un sorteo o día 3 de maio premiando unha vez máis as compras nos establecementos asociados, todos os tíckets superiores a 20 euros entraban no sorteo de cinco estanzas en casas de turismo rural, para toda a familia a escoller en todo España, só se tiña que cubrir os datos persoais por detrás do tícket de compra e depositalo na urna do propio establecemento ou no Cardeal ese día antes das nove da noite na carpa que o CCU instalou durante todo o día. Así o fixeron os agraciados con 5 estanzas de turismo rural Ver completo

Día do pai

19-Mar-14

Con motivo do día do pai o CCU organizou un sorteo o día 19 de marzo, premiando unha vez máis as compras nos establecementos asociados, todos os tíckets superiores a 20 euros entraban no sorteo de cinco estanzas en casas de turismo rural, para toda a familia a escoller en todo España, só se tiña que cubrir os datos persoais por detrás do tícket de compra e depositalo na urna do propio establecemento ou no Cardeal ese día antes das nove da noite na carpa que o CCU instalou durante todo o día. Así o fixeron os agraciados con 5 estanzas de turismo rural. Ver completo

 

Día dos namorados

14-Feb-14

Esta campaña desenrolouse da seguinte maneira, todos os clientes que mercaron nos establecementos asociados os seus regalos para o dia dos namorados participaron no sorteo de seis ceas para dúas persoas por cortesía de seis restaurantes asociados o CCU. Pare elo deberon depositar os seus tíckets de compra co Nome e Apelidos, DNI e Telefono de contacto na urna do stand que se instalou na rúa céntrica comercial do Cardeal o dia 14 de Febreiro de 10:00 a 14:00 horas, as 14:00 horas realizouse o sorteo o que poideron acudir todos aqueles clientes e comerciantes... Ver completo

Asociados na Radio

Do 1-Xan-14 ó 31-Dec-14

Esta campaña nos medios de comunicación, foi para dar a coñecer con detalle a cada un dos asociados a través de entrevistas individualizadas na Radio Principal de Monforte “Cadena Ser”, a denominación desta campaña foi "Promoción asociados CCU". Esta campaña parte dun proxecto xeral de incentivación ao consumo con leva a participación directa dos establecementos comerciais asociados. Todas as semanas de Luns a Xoves as 13:55 horas... Ver completo